Medio Ambiente

'E máis' - Camiño de Santigo

A Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo organiza dúas edicións en grupo do Camiño de Santiago, a primeira en tres fins de semana e a segunda en cinco domingos.

Este programa pretende achegarse ao percorrido histórico do Camiño de Santiago dende o punto de vista ambiental, apreciando no seu trazado a riqueza natural do entorno polo que trancorre o sendeiro.

Inscrición no programa:

Os interesados deberán realizar os seguintes pasos:

  • Preinscrición por teléfono no Servizo de Atención Telefónica 010, facilitando os datos que lle soliciten e según os seguintes prazos de inscrición: para a edición de fins de semana comeza o 15 de marzo e remata o 26 de marzo; para a edición de cinco domingos o prazo de inscrición comeza o 3 de maio e remata o 14 de maio.
  • Realizar o pago correspondente ao transporte, subvencionado por RENFE e a Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo de Vigo (o número de conta facilitarase a través do 010 na mesma chamada de preinscrición). É moi importante que o ingreso se faga co Nome exacto da persoa que se inscribe no programa e realiza o camiño, indicando no concepto: Camiño de Santiago.
  • Entregar unha fotocopia visible do resguardo de ingreso bancario no departamento de Medio Ambiente (2º andar do Concello de Vigo) nun sobre pechado coas seguintes anotacións en letra clara e maiúscula:
    • Inscrición para Camiño de Santiago.
    • Nome do participante.

Consideracións

  • Os importes a ingresar por persoa son os seguintes:
    • Edición de tres fins de semana: 23,95 euros.
    • Edición de cinco domingos: 38,85 euros.
  • A preinscrición telefónica debe formalizarse coa entrega da documentación no departamento de Medio Ambiente. Se non se dese este segundo trámite, a persoa perdería a súa praza e a organización chamaría a unha persoa da lista de reservas.
  • Anotaranse 25 prazas de reserva para poder suplir calquera baixa por enfermidade ou causa maior que implique anular alguna praza. Na semana anterior á realización do programa, a organización porase en contacto telefónico coas persoas anotadas nesta reserva e informará si dispoñen da praza ou non.

Consideracións importantes para o programa:

  • O importe que se paga en cada edición sufraga parte do custo da viaxe, sendo subvencionada pola Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo de Vigo e por RENFE. Os participantes deberán custear a súa manutención para cada fin de semana no caso da primeira edición, e para os domingos no caso da segunda.
  • O importe que cada participante abona para o traxecto inclúe os billetes de tren e os desprazamentos en autobuses dende as estacións ferroviarias e os puntos de inicio e finalización de cada ruta.
  • Está previsto pernoctar no caso da primeira edición en polideportivos municipais con accesibilidade a aseos. Por tanto os participantes deberán levar un saco de durmir e esterilla, así como accesorios para o aseo persoal. Deberán prever ademáis a roupa que precisen.
  • A organización recomenda que se leve roupa e calzado cómodos para camiñar, non debendo estrear sobretodo calzado no programa, senon usalo con certa antelación para evitar molestias incómodas.
  • Recomendamos que se observe con antelación la climatoloxía, para adaptar o tipo de equipación ás condicións das xornadas.
  • Se algún participante precisa de tomar algunha medicación especial, deberá ter a previsión necesaria para a viaxe.
  • Se algún participante ten alerxias, discapacidades ou lesións que afecten á práctica de actividade física, debe consultar no seu médico de familia si é compatible coa realización dos tramos do Camiño de Santiago, ademáis de informar aos coordinadores de calquera circunstancia que deban coñecer e poida afectar á súa saúde.

A organización recomenda a todos os participantes que polo menos un mes antes do inicio da edición na que participen, adiquen semanalmente tres ou catro sesións para camiñar, probando a roupa e calzado que teñan previsto levar. Un exemplo podería ser adicar tres sesións semanais de 1,5 horas de camiñata a un ritmo medio, e a fin de semana facer unha camiñata de 3 a 5 horas, levando unha mochila co peso aproximado que se pense levar no Camiño. Un bó quecemento para o Camiño de Santiago é facer as rutas que polo municipio se realizarán dentro do programa Camiño a Camiño.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100