Emprego Local

Proxectos empresariais de interese municipal (PEIM)

A Concellería Emprego ten a finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no Concello de Vigo apoiando a posta en marcha de novos “Proxectos empresariais de interese municipal” (PEIM)

Os “Proxectos empresariais de interese municipal” (PEIM) están regulados inicialmente polas bases aprobadas na Comisión de Goberno do 4 de setembro de 2000, modificadas pola Xunta de Goberno Local do 14 de marzo de 2011 e, as ordenanzas fiscais incorporaron no ano 2001 bonificacións para aqueles proxectos declarados de interese municipal (Proxectos PEIM).

As bases reguladoras recollen as características, singularidade, requisitos e procedemento de cualificación desta nova figura, que vai na liña das “Iniciativas locais de emprego”, pero están exclusivamente xeradas e apoiadas economicamente no ámbito municipal, polo Concello de Vigo, mediante a aplicacións de bonificacións fiscais recollidas anualmente nas ordenanzas.

Beneficiarios

Proxectos empresariais, independentemente da súa forma xurídica, co seu domicilio fiscal e social no ámbito territorial do Concello de Vigo. Han ter por obxecto fomentar a posta en marcha de actividades consideradas innovadoras, emerxentes ou novos filóns de emprego, ou ben o autoemprego de colectivos específicos que se constitúan como empresarios, como un dos medios mais axeitados para a súa integración laboral.

Requisitos

  • Proxectos viables e que xeren cando menos un posto de traballo estable.
  • Empresas privadas de nova creación ou empresas xa constituídas que incorporen aspectos innovadores na sua actividade ou nunha nova actividade.
  • Que os promotores pertenzan a algún dos colectivos especificados no artigo 3º, ou ben que o obxecto da iniciativa empresarial estea comprendido nalgunha das actividades indicadas no artigo 4º das presentes bases.
  • Que vaian desenvolver súa actividade maioritariamente no ámbito territorial do concello de Vigo, e teñan o seu domicilio fiscal e social neste.
  • Acadar a puntuación mínima requirida (70 puntos) segundo os criterios de avaliación

 

Colectivos

Deberán pertencer a algún dos seguintes colectivos:

  • Persoas que participen ou teñan participado nalgún dos programas ou accións no ámbito das políticas activas de emprego, que se leven a cabo no Concello de Vigo, fundamentalmente na Área de Promoción Económica e Emprego no marco do Plan municipal de emprego do Concello de Vigo,
  • Persoas pertencentes a algún dos colectivos con maiores dificultades de acceso ao mundo laboral, segundo se contempla nas directrices da Unión Europea (minusválidos, maiores de 45 anos, parados de longa duración, xoves menores de 30 anos que busquen o seu primeiro emprego, mulleres en sectores con baixa representación destas, … )

Criterios de avaliación

  • Colectivo(s) ao(s) que pertence(n) o (s) promotor(e)s do proxecto ou os socios e no caso
  • das empresas xa constituídas relevancia na industria local.
  • Actividade ou obxecto social da nova empresa e no caso de empresas xa constituídas as novas actividades que van desenvolver.
  • Situación de desemprego dos promotores da nova empresa e de ser unha empresa xa constituída terase en conta a situación e tempo de permanencia no concello.
  • Natureza innovadora do proxecto, que optimicen os recursos infrautilizados ou ociosos no ámbito territorial no que van desenvolver a súa actividade.
  • Número de empregos estables creados e colectivos que se vaian contratar, por un período mínimo de 2 anos.
  • Interese do proxecto para a dinamización socio-economica da zona. Forma xurídica da empresa cualificada como proxecto “PEIM”.
  • Contía do investimento que se vai levar a cabo.
  • Experiencia laboral e formación dos promotores no sector no que van desenvolver a actividade.

Axudas e subvencións:

  • Os beneficios fiscais veñen especificados nas ordenanzas fiscais de cada ano e abranguen os seguintes tributos locais:
  • Imposto de actividades económicas.
  • Taxa de licenza de actividades e instalacións.
  • Taxas de licenza de obras, construcións e instalacións.
  • Imposto sobre construción, obras e instalacións.
  • Calquera outra taxa ou licenza sempre que este recollida nas ordenanzas fiscais municipais de cada ano.

Tramitación:

Poderán solicitar a cualificación como “proxecto PEIM” os promotores de proxectos empresariais susceptibles de seren cualificados como tales, segundo o estipulado nas bases, e deberán dirixirse ao Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo.

O persoal técnico adscrito ao servizo avaliará o proxecto empresarial e a súa viabilidade cara á súa cualificación como “proxecto PEIM” e emitirá un informe razoado e documentado sobre a posibilidade de ser cualificado como proxecto PEIM, que será conformado pola xefatura de servizo e polo concelleiro/a delegado/a.

Unha vez completado o expediente remitirase á Xunta de Goberno Local, que é o órgano competente para resolver sobre a cualificación de “proxecto PEIM”, para a súa posterior notificación ao interesado/a.

Solicitude

As solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico do Concello de Vigo ou por calquera outro medio previsto na Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común e dirixiranse a Desenvolvemento Local e Emprego, xuntando a documentación esixida nas bases reguladoras que se indica a continuación:

  • solicitude asinada polo representante da entidade;
  • memoria explicativa da viabilidade do proxecto;
  • DNI do representante
  • Documentación acreditativa da persoa xurídica (escritura pública de constitución inscrita no Rexistro Mercantil).
  • tarxeta de identificación fiscal;
  • Imposto de Actividades Económicas
  • certificados de estar ao corrente nas súas obrigas coa Seguridade Social, coa Consellería de Facenda e coa AEAT, ou consentimento expreso manifestado polo representante da entidade
  • declaración de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a previstas no art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia;
  • declaración expresa de aceptación das actuacións de comprobación do Concello de Vigo que acorde a Comisión de Valoración e Seguimento;
  • declaración responsable respecto das axudas solicitadas ou percibidas;
  • declaración responsable asumindo o compromiso de manter o nivel de emprego e non reducir a forza de traballo por un período mínimo de dous anos;
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100