Actualidade

Avisos de tráfico

Pechado ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 05:30 ), o TUNEL DE BEIRAMAR, AMBOS LADOS

Data de publicación: 10-05-2024

Data de inicio: 12-05-2024

Data de fin: 14-05-2024

Poñemos en coñecemento do público en xeral que, dende o 12 de maio de 2024 ata o 14 de maio de 2024 , por mor da obra de ampliación de sistema DAI e conservación do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D Moveas Vigo Ley 18/1 , estará pechado ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 05:30 ), o TUNEL DE BEIRAMAR, AMBOS LADOS , Noite do Domingo 12 ao Luns 13 de Maio (corte total) para ampliación de sistema DAI no Túnel de Beiramar. Noite do Luns 13 ao Martes 14 de Maio (corte total) para traballos de conservación do Túnel de Beiramar. A noite de ocupación do túnel de Beiramar, lado mar e coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100