Actualidade

Avisos de tráfico

Pechados ao tráfico, en horario nocturno (00:00 a 04:00 ), os TÚNELES DA CIDADE

Data de publicación: 26-04-2024

Data de inicio: 30-04-2024

Data de fin: 04-05-2024

Poñemos en coñecemento do público en xeral que, dende o 30 de abril de 2024 ata o 4 de maio de 2024 , por mor da obra de conservación dos túneles da Cidade, a realizar pola empresa Ute Sece-Eleukon , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (00:00 a 04:00 ), os TÚNELES DA CIDADE, do seguinte xeito: 30/04 Túnel Beiramar lado terra. 01/05 Túnel Beiramar lado mar. 02/05 Túnel Fomento AP9 (sentido saída Vigo). 03/05 Túnel Fomento AP9 (sentido acceso a Vigo). 04/05 Túnel Fomento AP9 (sentido acceso a Vigo). . A noite de ocupación do túnel de Beiramar, lado mar e coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100