Actualidade

Avisos de tráfico

Pechado ao tráfico o TÚNEL DE BEIRAMAR, LADO MAR

Data de publicación: 19-04-2024

Data de inicio: 21-04-2024

Data de fin: 21-04-2024

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de conservación do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D Moveas Vigo Ley 18/1 , estará pechado ao tráfico o TÚNEL DE BEIRAMAR, LADO MAR, o domingo 21 de abril de 2024 en horario de 07:30 a 14:30

Coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo, coas indicacións precisas no panel de mensaxe variable situado no acceso a Praza Compostela mentres dure o peche do túnel.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100