Actualidade

Avisos de tráfico

afeccións á mobilidade celebración festa brincadeira do 9 ao 12 de maio

Data de publicación: 08-05-2024

Data de inicio: 09-05-2024

Data de fin: 12-05-2024

XOVES 9: A partir das 20:00 horas

- Procederase aos cortes de tráfico en Eduardo cabello (interior) e casco vello de Bouzas para a montaxe de postos.

- Retirada de estacionamento na rúa Eduardo Cabello entre as rotondas das áncoras e a contorna da pérgola.

- Traslado de parada de taxis para Eduardo Cabello ( lado terra)

- Habilitaranse prazas para persoas con mobilidade reducida na Avda Beiramar ( lado terra)

VENRES 10: A partir das 9:00 horas

- Procederase aos cortes de tráfico da rúa Pescadores para montaxe de postos, desvío por Alfredo Brañas e Tomás Alonso, permitindo exclusivamente o paso das liñas do transporte urbano até as 17:30 con axuda de sinalistas

HORARIO DO EVENTO

Venres 12: 18:00-23:30 horas

Sábado 13: 11:30-23:30 horas

Domingo 14: 11:30-21:30 horas

- Corte de tráfico da rúa Pescadores e desvío de tráfico polas rúas Alfredo Brañas, Tomás Alonso e Paulino Freire

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100