Educación

Noticias de Educacion

Lista de noticias

Noticias

2024-05-08. Novos actores "debutan" nas "XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar"

Foto noticia
Abel Caballero animou ao alumnado do Ceip Belesar e da Escola Municipal de Teatro, que participaron este mércores nas "XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar", a seguir vinculados ás artes escénicas como actores e como espectadores. Insistiulles nas capacidades e as destrezas que se desenvolven a través da representación teatral e puxo en valor a achega do Concello a través da Escola Municipal de Teatro. Aproximadamente 1.100 alumnos e alumnas participan nesta experiencia teatral. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-08. Alumnado do Colexio O Pombal achégase aos escenarios da Reconquista co programa "A máquina do tempo"

Foto noticia
Abel Caballero explicou este venres aos 40 alumnos do Colexio Plurilingüe O Pombal que participan na actividade didáctica "A Máquina do Tempo- Reconquista 2024" o valor co que a cidadanía de Vigo afrontou en 1809 a xesta de recuperar a cidade do dominio francés tras expulsar ao exército invasor. O alcalde remarcou a importancia de que os estudantes coñezan a historia de Vigo e percorran os lugares crave onde se sucederon os episodios lembrados cada ano na cidade. O Concello de Vigo achega a Reconquista a preto de 1200 escolares de 5 e 6 de Primaria. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-07. Más de 1.000 escolares gozan das artes escénicas nas "XIV Xornadas de Teatro"

Foto noticia
Gozar da interpretación escénica, aprender a estar nun escenario e a expresarse en público. É a recomendación que deu hoxe o alcalde aos alumnos que representaron no Auditorio Municipal as súas obras dentro das "XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar", organizadas pola Escola Municipal de Teatro. Este martes os estudantes do colexio Mestres Goldar representaron a obra "Vigo - Paris', seguidos dos do CEIP Lope de Vega con "Se eu tivera unha púa\" e do CEE Saladino Cortizo coa obra "Limón\". Preto de 1100 alumnos e alumnas formarán parte desta experiencia teatral como actores e como público. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-07. Alumnos de Compañía de María percorren os escenarios da Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

Foto noticia
O alcalde explicou este martes aos 35 alumnos do Colexio Compañía de María que participan na actividade municipal "A Máquina do Tempo-Reconquista 2024" a importancia de coñecer a historia da Vigo e de forma especial o episodio no que os vigueses recuperaron a urbe da ocupación de Francia. Acompañado polo soldado francés da garda imperial de Napoleón Pierre Delapierre, Abel Caballero animou aos escolares para percorrer os escenarios onde tivo lugar en 1809 o histórico acontecemento. Con esta iniciativa o Concello de Vigo achega este ano a Reconquista a preto de 1200 escolares de 5 e 6 de Primaria. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-06. Arrancan as XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar

Foto noticia
O rexedor achegouse esta mañá ao Auditorio Municipal, epicentro das XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar, levadas a cabo pola Escola Municipal de Teatro de Vigo. Nesta actividade, varios centros de ensino de educación Primaria da cidade, terán a oportunidade de presentar diversas pezas teatrais, desenvolver a súa faceta artística participando como actrices e actores. As representacións terán lugar os días 6, 7, 8 e 9 de maio a partir das 10:00 h da mañá, asistindo como público tamén o alumnado dos centros educativos. Abel Caballero animou a nenos e docentes a "gozar da marabilla do teatro". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-03. O goberno municipal aproba a convocatoria de becas de comedor, libros e material por 1.427.700 euros

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases e a convocatoria das bolsas de comedor, libros e material escolar para o curso 2024-2025. As axudas ascenden a 1.427.700 euros, segundo explicou este venres o alcalde ao lembrar que a esta cantidade hai que sumar os 600.000 euros que recibe Foanpas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-02. Alumnado do colexio Alborada percorre o Vigo da Reconquista co programa didáctico "A Máquina do Tempo"

Foto noticia
Abel Caballero explicou este xoves aos estudantes do Colexio Alborada, que participan no programa didáctico "A Máquina do Tempo- Reconquista Vigo 2024", a importancia do fito histórico protagonizado pola cidadanía de Vigo en 1809 ao recuperar a cidade do dominio francés. Profesores e alumnos percorren o Vigo da Reconquista guiados polo soldado francés da garda imperial de Napoleón Pierre Delapierre. Máis de 1.200 escolares de quinto e sexto de primaria participan nunha das 23 visitas programadas polo Concello para dar a coñecer a historia da cidade entre os cativos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-02. Caballero incide ante o alumnado de Calasancias na transcendencia do Concello na calidade de vida cidadá

Foto noticia
Abel Caballero trasladou hoxe aos estudantes de primeiro de Educación Secundaria do CPR Pai Miguez, Calasancias, a transcendencia da actividade que desenvolve o Concello de Vigo, en múltiples ámbitos, para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Tras recibir aos estudantes que participan no programa "Coñece ou teu Concello", na lonxa do consistorio, o alcalde animounos a estudar. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-29. A unanimidade do Pleno pide á Xunta a reforma dos centros educativos públicos da cidade

Foto noticia
A moción socialista defende a obrigatoriedade do goberno autonómico de garantir que os escolares "poidan formarse nas mellores condicións\". Quedou aprobada tamén a demanda de Vigo á Xunta para eliminar o copagamento das escolas infantís de titularidade autonómica. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-25. Os alumnos do CEIP Santa Mariña de Cabral avanzan na actividade municipal co programa "Coñece o teu Concello"

Foto noticia
O alcalde recibiu hoxe no Concello aos alumnos do CEIP Santa Mariña de Cabral que participan no programa municipal "Visita o teu concello". Caballero, acompañado pola concelleira de Educación, Olga Alonso, explicou os escolares a importancia da iniciativa que lles permite coñecer as dependencias do Concello onde se adoptan as decisións pensadas para mellorar a vida da cidadanía, así como a trascendencia de ser conscientes da importancia de Vigo, "a mellor cidade do mundo". Animou aos estudantes aesforzarse nos estudos para participar dentro de catro anos nas becas municipais do programa "Vigo en Inglés\". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100